COMPOSITORES
 
volver

Ces Calvo, José Javier

Taragoña, Rianxo (A Coruña), 1966

Nace en Taragoña-Rianxo no 1966. Da man de seu pai comeza a estudar música á idade de dez anos na Banda de Música do Centro Cultural e Deportivo de Taragoña; prosigue a súa formación no Conservatorio da Real Sociedad Económica de Amigos del Pais en Santiago de Compostela, acadando o Título Superior de Tuba–Bombardino, o Medio de Trombón e o sexto curso de Piano (todos do Plan 66). Ó mesmo tempo perfeccionábase na Escola Sta Cecilia de Madrid, co mestre Enrique Ferrando Sastre (trombonista da Orquestra Nacional de España), e asistía a distintos cursos de formación relacionados coa música. En 1992 acada por concurso-oposición a praza de Bombardino na Banda Municipal de Santiago de Compostela. No curso 94-95 obtén pola Universidade de Santiago de Compostela o Certificado de Aptitude Pedagóxica.

Exerceu de profesor no Conservatorio Profesional de Música do Concello de Arzúa, e na Escola de música do Concello de Santiago de Compostela. Foi director da Banda de Música de Arca (O Pino), e da Banda de Música de Arzúa. Colaborou con diversas bandas de música da nosa Comunidade, e tamén coa Xoven Orquestra de Galicia.

Realizou composicións para distintos grupos instrumentais que  abranguen dende:

-música de cámara: Arrolo e Pingueiras (para fagote e piano), Morno (para cello e piano, con adaptacións para bombardino e tuba) , ... 

-música para conxuntos instrumentais: Aasramojad Ainofatnep (para opteto de vento e percusión), estreada polos alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais.

-música para banda : Saraldara (balada-muiñeira, estreada pola Banda Municipal de Santiago), Taragoña (P.D.), Arzúa (marcha), Neixón (Fantasía).

-música para orquestra sinfónica : Hipófisis (fantasía), estrada pola Banda da Federación Galega de Bandas de música

 Asimesmo, formou parte do grupo de traballo “Potenciación da música galega”, que a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Xunta de Galicia organizou para a composición de obras de música axeitadas aos novos currículos dos graos Elemental e Profesional.

Sinalar que é membro da Asociación Galega de Compositores e da SGAE.

Na actualidade prosegue a súa formación na Escola de Altos Estudos Musicais, dependente da Xunta de Galicia, nos cursos de composición que imparte o mestre Antón García Abril e tamén asiste as clases-conferencia de análise co mestre José Luis Turina e armonía moderna-jazz na Escola Estudio, impartidas polo mestre Suso Atanes.

  • Título da composición / Título de la composición
    Aasramojad Ainaofatnep. Capricho
  • Título da composición / Título de la composición
    Arrolo. Canción
  • Título da composición / Título de la composición
    Arzúa
  • Título da composición / Título de la composición
    Barbanza. Rapsodia Galega
  • Título da composición / Título de la composición
    Barbanza. Rapsodia Galega
  • Título da composición / Título de la composición
    Hipófisis. Fantasía
  • Título da composición / Título de la composición
    Hipófisis. Fantasía
  • Título da composición / Título de la composición
    Pingueiras. Fantasía
  • Título da composición / Título de la composición
    Saraldara. Balada e Muiñeira
  • Título da composición / Título de la composición
    Saraldara. Balada e Muiñeira
  • Título da composición / Título de la composición
    Taragoña
volver